lunes, 22 de julio de 2013

Carta aberta dirixida a tod@s @s militantes de Pontecesures:

Hoxe, 22 de xullo comeza o período de recollida de avais para a presentación de candidatura a Secretario Xeral do PSdeG-PSOE na consulta non vinculante que convocou o Comité Nacional Galego e que terminará o día 2 de Agosto ás 14:00 horas.

Tódolos militantes temos dereito a avalar a aquel candidato que desexemos, pero só podemos facerllo a un deles, quedando invalidado o noso aval, se llo fixésemos a máis dun.

Podese cumprimentar o aval por correo electrónico, descargando e imprimindo o modelo na web do PSdeG-PSOE: www.psdeg-psoe.org , para despois cubrilo e escanealo, enviándollo ao candidato avalado por via mail ou correo ordinario.

As webs dos canditatos presentados ata o momento son:
http://gomezbesteiro.com/
http://www.candidatomanel.com/

Dende a Executiva Local anunciamos que temos a disposición dos miltantes os documentos para avalar a cada candidato, e que nos días vindeiros poñeremos datas de apertura da sede para facilitar o proceso a quen o necesite e así
  recoller os avais para os candidatos.

No caso de que algún militante lle fora imposible acudir á sede local, poñédevos en contacto co Secretario Xeral ou coa Secretaria de Organización que vos facilitarán a firma de ditos avais.

Saúdos e sorte aos candidatos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Se non es usuario Google, elixe "anónimo"