lunes, 25 de octubre de 2010

Os socialistas, críticos cos orzamentos da Xunta para Pontecesures

[Nota de prensa íntegra enviada ós medios o 25 de ouubro de 2010]

O secretario xeral do PsdeG-PSOE en Pontecesures, Roque Araújo, opina que a ausencia nos orzamentos da Xunta de actuacións na vila supón a confirmación do que o goberno de Feijoo ten pensado para o concello, a marxinación e o ostracismo.
Unha das intervencións máis importantes para Pontecesures e que non contará con ningunha partida orzamentaria é a remodelación da zona portuaria. É preciso lembrar que no anterior goberno bipartito da Xunta xa se contemplou esta actuación valorada en casi catro millóns de euros, e que posteriormente, xa co PP no goberno galego, o director de Portos de Galicia, Manuel Alvarez-Campana, decideu descartalo, en marzo deste ano, para presentar un novo proxecto, de máis de cinco millóns de euros por que o anterior era “pouco ambicioso” e “non cumplía os parámetros de calidade estética”. Un proxecto avalado tamén polo diputado do PP Jesús Goldar, que asegurou que o proxecto de reforma integral da fachada marítima estaba “moi en marcha e o presidente de Portos ten a vontade de facelo. Será unha obra espectacular”.
En abril deste ano, os Socialistas de Pontecesures, a través da diputada Carmen Cajide presentaron unha pregunta no Parlamento galego para coñecer as partidas adicadas a esta nova remodelación. A resposta chega agora, é como temiamos é do máis desalentadora: a obra non se fará, uníndose a paralización de obras públicas da Xunta de Feijoo, que supón unha caída do 36% do volume de inversión en Galicia.
Resulta lamentable que o tripartito de Pontecesures fora, unha vez máis, ninguneado polo goberno “amigo” da Xunta do PP. Agardamos que no futuro, os representantes do PP que veñan a Pontecesures, traían consigo propostas serias e non volvan enganar os nosos veciños e veciñas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Se non es usuario Google, elixe "anónimo"