viernes, 29 de octubre de 2010

O PSdeG presentará a próxima semana un pacto antitransfuguismo galego

Vázquez lembrou dende a chegada de Feijóo ao Goberno aconteceron 5 mocións de censura con tránsfugas, que teñen presente como denominador común a Feijóo

O Secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez anunciou que a próxima semana presentará ás formacións políticas galegas un Pacto Antitransfuguismo Galego para asinar un compromiso ético coa sociedade galega e comprometernos a non levar tránsfugas nas listas das próximas eleccións municipais.

Vázquez indicou que neste Pacto non se dependerá de Madrid nin de nadie, e “veremos quen o firma, quen o apoia e quen non o apoia”, e engadiu que calquera outra desculpa é de mal pagador e se Feijóo non o firma “nunca máis poderá volver mirar os ollos dos galegos dicindo que el representa a ética neste país”.

O líder dos socialistas galegos afirmou non saír do seu “estupor” ante as declaracións de Feijóo sobre transfuguismo, xa que “o Presidente que chegou cabalgando a lomos da ética” onte anuncia que nos concellos vai levar tránsfugas pero que vai tentar que non vaian ao Parlamento.

Lembrou ademais que dende que chegou Feijóo ao Goberno aconteceron cinco mocións de censura con tránsfugas, cuxos principais autores son Louzán, Baltar e Barreiro, pero que teñen presente como denominador común a Feijóo.

En resposta a preguntas polos xornalistas afirmou que “o transfuguismo está na esencia do poder do Partido Popular en Galicia”, que “viven do transfuguismo”, e que compran tránsfugas co diñeiro da Deputación de Pontevedra. “Feijóo é a alma mater do transfuguismo neste país”, agregou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Se non es usuario Google, elixe "anónimo"