lunes, 27 de septiembre de 2010

Xuntanza da Coordinadora socialista da comarca Ulla-Umia en Valga

A Coordinadora Comarcal do PSdeG-PSOE do Ulla-Umia, reunida onte en Valga, lamentou o acto vándalico sufrido na sede da Agrupación Local de A Estrada o pasado 16 de setembro, e quere amosar a súa solidariedade cos compañeiros e compañeiras da devandita agrupación.
Na xuntanza organizouse o traballo de cara aos próximos comicios municipais, instando a cada unha das agrupacións locais a perseverar na presentación das mellores listas posibles nos seus respectivos concellos.
Na conversa debatíronse distintos asuntos de ámbito comarcal, que en áreas prioritarias para os socialistas como sanidade, educación, medio ambiente ou políticas sociais, están sendos maltratados polos gobernos municipais de Partido Popular e pola actual Xunta de Galicia.
Neste sentido, a Coordinadora Comarcal do PSdeG-PSOE apoia as xustas reivindicacións do IES de Valga ante a situación de deterioro do proceso educativo, derivado da arbitraria decisión da Xunta de Galicia de eliminar de dito centro a un total de cinco profesores, así como varias materias optativas e suprimir o Ciclo Superior de Construccións Metálicas.
Igualmente lamenta o abandono que, neste grave asunto, amosaron os equipos de goberno dos concellos de Valga e Pontecesures nos que os concelleiros do Partido Popular non foron quen de facer frente a estas lamentables decisións da Xunta de Galicia que causan un grave perxuicio aos estudantes de ambos concellos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Se non es usuario Google, elixe "anónimo"