viernes, 15 de enero de 2010

Desorganización na Cabalgata de Reis de Pontecesures

O pasado tivo lugar unha extraordinaria mostra de desorganización por parte do goberno municipal de Pontecesures. A coincidencia de dous eventos como eran Cabalgata de Reis e a chegada ao porto de Pontecesures do nadador David Meca, a pesar de ser absolutamente previsibles, puxo a proba a capacidade de xestión destes actos por parte dos responsables municipais, é o resultado foi pésimo.
Como era “necesaria” a presenza da alcaldesa ao remate de ambos actos, e en vista do retraso na chegada do nadador, optouse por manter retida a caravana dos Reis Magos no porto case corenta e cinco minutos. A espera fíxose interminable para os nenos que formaban parte da comitiva dos Reis de Oriente, e incluso para as súas maxestades, que esperaban, aburridas no coche que os transportaba, e que eran prácticamente ignorados polo público, máis pendiente do remate da travesía de David Meca.
Cando o nadador chegou, rodeado de moito público e sin as mínimas medidas de seguridade necesarias neste tipo de actos, e tras ser trasladado a un centro hospitalario, a caravana real púxose en marcha para regresar a Prazuela, onde rematou o seu percorrido.
Cremos que non era necesario prolongar durante tanto tempo a Cabalgata de Reis. Debeu ter finalizado unha vez alcanzou a Prazuela; deste xeito os que participaban nela non pasarían frío no porto e o público podería disfrutar de ambos actos. Non hai excusa posible para semellante falta de organización cando desde primeira hora da tarde era coñecida a constante afluencia de público ao porto para recibir a David Meca e que sería moi complicado o tránsito da Cabalgata de Reis por esa zona.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Se non es usuario Google, elixe "anónimo"